PINGA A PINGA

O ESPECTÁCULO:

Un espectáculo de concienciación onde a rapazada aprenderá dun xeito divertido e entretido como facer un bo uso da auga.

A doutora Noe coa axuda do pallaso Lolo e as súas tolerías, axudarános a facer un uso responsable da auga por medio de consellos moi doados e sinxelos o alcance de todos/as.

Duración: 45 min

ELENCO:

MANUEL “LOLO” CASTRO: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso co seu personaxe «Lolo» en diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres coma Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef… Clown, actor, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, produtor, director e guionista, mago e xerente da empresa BARAFUNDA S.L. Produción de espectáculos: “Pepiña maruxiña quere voar”; “Antón e o Apalpador”; “Preséntame un pallaso”; “Bambolina”; “Globotolo”; “Censor de Monstros”; “Concerto en clave de Clown”, “Quen dixo medo”; “Maxia Branca”; “Cantacontos: Ollo Piollo”…

MANUEL “LOLO” CASTRO

NOEMI BLANCO

FRAN AMEIXEIRAS SÁNCHEZ
FAUSTO DOMÍNGUEZ CAMAÑO
JUAN CARLOS FERNÁNDEZ LORENZO