A OBRA:
LOL e POP viven unha vida gris traballando nun almacén. A través dunha viaxe pola súa imaxinación, móstrannos o paso do ser humano pola vida, dende a máis tenra infancia ata o ocaso da vellez.
A nosa asneira condúcenos a unha pronta extinción? Poderemos salvarnos? Esta tola parella de pallasos conta cunha receita para sobrevivir neste frenesí chamado vida: abrir o corazón e non parar de xogar e rir.
Espectáculo de comedia clown para tódolos públicos que trata o paso do tempo, dende a infancia ata a vellez, a familia e a actualidade socio-política en clave de humor. A trama teatral, que interactúa co público, está dividida en sketchs cómicos
• Duración: 70 min
ELENCO:
MANUEL «LOLO» CASTRO LIMA: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso, co seu personaxe «Lolo» leva percorridos moitos concellos por galicia con diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres da categoría de Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef,.. Clown, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, director e guionista de espectáculos infantís, mago, risoterapeuta, formador de profesorado e tempo libre, zancudo, artista de esculturas con globos, mediador social, xerente e fundador da empresa Barafunda s.l…..Toda unha vida adicada a comunicación, as accións sociais e a risa.
ADOLFO «POPÍN» MAGUNA STRASSER: Cómico de nacemento con 48 anos de experiencia de clown que co seu personaxe «Popín» fixo rir a decenas de miles de persoas. Pasou por case todos os escenarios das 4 provincias galegas, España e Portugal. Actor de teatro, de TV, de curtametraxes, guionista e director de teatro, realizador de radio e TV, locutor, presentador, reporteiro, organizador de eventos, humorista, mago, clown, coordinador de xogo dramático, risoterapeuta e creativo publicitario… Todas realizacións da súa vida cos mesmos denominadores comúns: a comunicación, a expresión e a risa.
BARAFUNDA
NOEMI BLANCO (voz e guitarra)
PAULA MARZOA (deseño gráfico e fotografía)