GLOBOTOLO

A OBRA:

O pallaso Lolo, fará as delicias da rapazada e sorprenderá as persoas adultas, facendo figuras imposibles con globos e gags divertidos. Un espectáculo dende unha perspectiva cómica e interactiva onde o público se sinta parte integrante do espectáculo.

Divertidísimo para toda a familia, cunha posta en escena onde a ilusión do clown mistúrase nun cóctel de risas e gargalladas.

• Duración: 50 min

ELENCO:

MANUEL “LOLO” CASTRO: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso co seu personaxe «Lolo» en diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres coma Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef… Clown, actor, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, produtor, director e guionista, mago e xerente da empresa BARAFUNDA S.L. Produción de espectáculos: “Pepiña maruxiña quere voar”; “Antón e o Apalpador”; “Preséntame un pallaso”; “Bambolina”; “Globotolo”; “Censor de Monstros”; “Concerto en clave de Clown”, “Quen dixo medo”; “Maxia Branca”; “Cantacontos: Ollo Piollo”…

MANUEL “LOLO” CASTRO

MANUEL “LOLO” CASTRO

FAUSTO DOMÍNGUEZ CAMAÑO
FAUSTO DOMÍNGUEZ CAMAÑO
FAUSTO DOMÍNGUEZ CAMAÑO

MANUEL “LOLO” CASTRO