XAN DAS ONDAS

A OBRA:

Xan é un rapaz ao que lle gusta moito o mar. Unha mañá descobre que o mar xa non ten ondas e parece que está moi enfermo. Así que, emprende unha gran aventura adentrándose no máis profundo dos océanos para descubrir por qué o mar non ten ondas. Nesta viaxe Xan fará moitos amigos e coñecerá os habitantes dos mares.

Conseguirá Xan salvar o mar da súa doenza?

Un contacontos infantil con monicreques baseado no conto co mesmo e cunha forte mensaxe entorno ao coidado dos nosos mares e contorna natural. Ideal para crianzas de 3 a 8 anos.

• Duración: 50 min

ELENCO

MANUEL “LOLO” CASTRO

MARÍA DEL MAR AMEIXEIRAS SÁNCHEZ

MANUEL “LOLO” CASTRO: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso co seu personaxe «Lolo» en diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres coma Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef… Clown, actor, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, produtor, director e guionista, mago e xerente da empresa BARAFUNDA S.L. Produción de espectáculos: “Pepiña maruxiña quere voar”; “Antón e o Apalpador”; “Preséntame un pallaso”; “Bambolina”; “Globotolo”; “Censor de Monstros”; “Concerto en clave de Clown”, “Quen dixo medo”; “Maxia Branca”; “Cantacontos: Ollo Piollo”…
FAUSTO DOMÍNGUEZ CAMAÑO

MANUEL “LOLO” CASTRO

FAUSTO CAMAÑO
JUAN CARLOS FERNÁNDEZ