PEPIÑA MARUXIÑA QUERE VOAR

Pepiña Maruxiña 1
little_0128
little_0126
little_0132
little_01361
previous arrow
next arrow

A OBRA:

Pepiña, unha pequena maruxiña galega, busca curiosa polo xardín alguén que lle axude a voar. Na súa procura, vai coñecendo os diferentes insectos e animais que habitan o xardín. Dará Pepiña co xeito de voar?

Pepiña Maruxiña é un contacontos baseado nunha tradicion popular de cantarlle ás Maruxiñas para que voen.

Mistura a música e diferentes personaxes creados con distintos elementos: globlos, escumas, teas… Unha historia chea de tenrura e diversión recomendada para idades entre os 3 e os 7 anos.

Duración: 50 min

ELENCO:

MANUEL “LOLO” CASTRO: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso co seu personaxe «Lolo» en diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres coma Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef… Clown, actor, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, produtor, director e guionista, mago e xerente da empresa BARAFUNDA S.L. Produción de espectáculos: “Pepiña maruxiña quere voar”; “Antón e o Apalpador”; “Preséntame un pallaso”; “Bambolina”; “Globotolo”; “Censor de Monstros”; “Concerto en clave de Clown”, “Quen dixo medo”; “Maxia Branca”; “Cantacontos: Ollo Piollo”…
MARÍA DEL MAR AMEIXEIRAS

MANUEL “LOLO” CASTRO

RAQUEL BASTOS GARCÍA