O GATO ZAPATO

A OBRA:

O Gato Zapato pasaba os seus días vendo películas no cine, comendo pasteis de cenoura e mandarinas, e dandose largos baños na charca do bosque, ata que un día perdeu o seu colar. Era o colar que unha amiga lle regalara ao marchar a vivir á cidade, e o Gato Zapato quería recuperalo.

É entón cando descubre que o Raposo Fermoso, un Raposo moi presumido, o atopara antes ca el, e para devolverllo pídelle que lle atope algo para adornar a súa pelaxe no seu lugar.

O Gato Zapato entón falará con diferentes habitantes do bosque para recuperar o seu colar. Algúns son vellos amigos, como a asustadiza Pega Estrela ou o intelixente Rato Sabio, e outras son novas amizades, como as músicas ambulantes a Vacaloura e a Toupa Foupa ou Carmiña.

Entre todos formarán unha cadea de favores do máis peculiar.

O Gato Zapato é un contacontos interpretado por dous actores que utilizan ilustracións, luces e sons para introducir aos máis pequenos nun mundo de aventuras.

A viaxe de O Gato Zapato ensina aos rapaces a importancia de axudarnos uns aos outros, dunha forma altruísta e amable.

Con música orixinal, este contacontos conseguirá sacar un sorriso aos máis pequenos e maiores coa axuda das súas carismáticas personaxes, habitantes dos bosques galegos.

Duración: 60 min

PERSONAXES:

O Gato Zapato:
O alegre protagonista desta historia, con gran facilidade para facer amigos e que lle ten un especial cariño ao seu colar
O Raposo Fermoso:
Un raposo presumido obsesionado coa sua imaxe, que sempre está na procura do complemento ideal
A Pega Estrela:

Unha vella pega bastante larpeira e escandalosa.

Toupa Foupa:
Aventureira que fai equipo coa Vacaloura, disposta a coñecer todo o que poda do mundo que a rodea, aínda que un pouco tímida
Vacaloura:
Exploradora e música que viaxa coa Toupa Foupa na busca de novas historias que contar. A pesares de ser moi pequeniña, está chea de enerxía e motivación
Carmiña:
O verme máis valente que coñecerás
Rato Sabio:
Este pequeno Rato adora ler libros, estudar e aprender, e sempre ten un tema do que falar
Chirivito e Chindasvinta:
Un par de rapaces que leron tantos contos que acabaron gañando poderes máxicos que lles permiten interactuar coas historias. Agora adícanse a contar contos para todas as persoas as que lles gusten

ELENCO:

MANUEL “LOLO” CASTRO: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso co seu personaxe «Lolo» en diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres coma Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef… Clown, actor, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, produtor, director e guionista, mago e xerente da empresa BARAFUNDA S.L. Produción de espectáculos: “Pepiña maruxiña quere voar”; “Antón e o Apalpador”; “Preséntame un pallaso”; “Bambolina”; “Globotolo”; “Censor de Monstros”; “Concerto en clave de Clown”, “Quen dixo medo”; “Maxia Branca”; “Cantacontos: Ollo Piollo”…

AINHOA MARTÍNEZ

ALEJANDRO MEJUTO

AINHOA MARTÍNEZ Actriz, cantante e música graduada na ESAD de Galicia. Con experiencia en dobraxe e con varias curtametraxes ás costas, tamén está formada en guión e composición musical.

ALEJANDRO MEJUTO Actor e cómico graduado na ESAD de Galicia. Ten experiencia en stand up comedy e animacións dramatizadas, pasando por teatro de títeres e audiovisual na TVG.

BARAFUNDA S.L.

Composición: AINHOA MARTÍNEZ

Produción: GAEL FERNÁNDEZ

Grabación en estudo: FAUSTO DOMINGUEZ CAMAÑO

Postprodución e mixtura: PACO SERÉN

IRENE LORENZO RODRÍGUEZ