EN CLAVE DE CLOWN

IMG_20230907_180914
IMG_20230907_180134
IMG_20230907_175650
previous arrow
next arrow

A OBRA:

«Concerto en clave de clown» é unha experiencia única que aúna risas, música, sorpresas e centos de gags cómicos; unha homenaxe ao mundo clown; unha desternillante viaxe cos gags máis representativos dos pallasos de tódolos tempos acompañados pola interpretación musical das bandas municipais

Realizarase un espectáculo de clown, circo, baile, teatro e música dirixido por varias bandas de música. A sesión mestura numerosos gags que se acompañan en timing ca sonoridade da orquestra, facilitando no público momentos de risas, tensión e sorpresas nun vaivén de idas e venidas de humor.

Duración: 90 min

ELENCO:

MANUEL «LOLO» CASTRO LIMA: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso, co seu personaxe «Lolo» leva percorridos moitos concellos por galicia con diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres da categoría de Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef,.. Clown, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, director e guionista de espectáculos infantís, mago, risoterapeuta, formador de profesorado e tempo libre, zancudo, artista de esculturas con globos, mediador social, xerente e fundador da empresa Barafunda s.l…..Toda unha vida adicada a comunicación, as accións sociais e a risa.

NOEMI BLANCO: Actriz e cantante galega. Formada en interpretación na ESAD de Galicia, continuou os seus estudos de teatro na School of Music and Drama de Eskişehir (Turquía). Máis tarde tamén completaría os seus estudos de cine e interpretación con Bernard Hiller en Los Ángeles (California). Ten experiencia en cine e televisión rodando dende publicidade e curtametraxes a películas e series (A Estiba, Serramoura, El desorden que dejas…). Tamén se embarcou en proxectos teatráis, compañías de circo e de animación. Durante uns anos foi a presentadora do programa ‘Festeiros’ e ten experiencia como productora audiovisual e guionista. É vocalista en varios dúos e grupos musicáis (Dos de Copas, Late Çhai, Ollo Piollo…), tanto con música propia como con versións.

FAUS

NAIR

LANA

MANUEL «LOLO» CASTRO LIMA

BARAFUNDA

BANDA DE MÚSICA MUNICIPAL (a escoller)

IMG-20230817-WA0013