A OBRA:
Antón é un neno que naceu fisicamente distinto aos habitantes da súa vila. Os habitantes se burlaban del e reprochábanlle todo o malo que pasaba na vila. Un día unha epidemia de variola infectou a toda a poboación menos a Antón e os veciños decidiron expulsalo da vila.
Na súa viaxe atópase camiño dun MONSTRUO (que é realmente o Mago Uxío que está baixo un feitizo e ofrécelle ao neno cumprir un desexo se pode axudarlle a desfacerse deste feitizo), Antón debe conseguir uns moi especiais ingredientes para facer os feitizos necesarios e devolverlle a Uxío os seus poderes e conseguir así ese ansiado desexo.
Durante a súa viaxe, Antón coñece a personaxes da tradición oral galega, que son os portadores daqueles ingredientes necesarios para axudar ao MAGO. Edoardo o BIOSBARDO, a vanidosa COCA DE REDONDELA, unha MARUXAINA furiosa e Ramiriño, O DEMIÑO obsesionado cos videoxogos.
Antón consegue atopar todo o que precisa para axudar a Uxío e o MAGO dálle a posibilidade de ter non un, senón tres desexos que debe escoller moi ben.
Cales serán os tres desexos de Antón?
Espectáculo multidisciplinar de teatro de actores e monicreques en diversas técnicas (sombras, bunraku, bocones, obxectos…) dirixido a público familiar e infantil.
Utilízanse recursos de iluminación, vídeo e música orixinal para recrear a xeografía e tradicións de Galicia.
Antón pretende, a través dunha historia fantástica, tocar temas como a migración forzada e os efectos do acoso, destacando a importancia de valores coma a tolerancia, o amor e o respecto cara a diversidade e, sobre todo, a valentía, para afrontar os obstáculos e lograr os obxectivos que nos plantexemos.
• Duración: 50 min
PERSONAXES:
ANTÓN
Neno moi travieso, sensible e intelixente que desfruta moito dos animais e a natureza
EDOARDO O BIOSBARDO
De corazón rockeiro, Edoardo é un cantante solitario namorado da Lúa e da noite
O MAGO UXÍO
Poderoso mago da comarca. Especializado no San Xoán, inaugura as queimadas, enfeitiza os cachos polas noites e papa tódalas sardiñas
RAMIRIÑO O DEMIÑO
Adicto aos videoxogos, súa nai Desdémona plantéase instalarlle un control parental no ordenador, a fin de que Ramiriño se centre e preste máis atención na Escola de Estudos Picarescos
CARMIÑA
Nai de Antón e muller tradicional á que lle encanta a vida no campo e na aldea.
Cos seus fabulosos cocidos todo o pobo come varios días!
COCA
Esta fabulosa criatura redondelana, convida a outras criaturas máxicas a súa cova, onde comparte receitas dos mellores arroces e chocos da súa terra
MARUXAINA
Criatura máxica cunha valiosa mensaxe entorno o coidado dos nosos mares e océanos
DESDÉMONA
Fan das telenovelas, encántalle enredar con bruxas, mouras e meigas sobre todo o que acontece no mundo máxico
ELENCO:
MANUEL “LOLO” CASTRO: Cómico de nacemento con 34 anos de experiencia de pallaso co seu personaxe «Lolo» en diferentes espectáculos de escenario e de rúa. Formado con mestres coma Jango Edwards & Peter Ercolano, Leo Bassi, Luis de Matos, Güido Verhoef… Clown, actor, animador, contacontos, escritor de literatura infantil, editor, produtor, director e guionista, mago e xerente da empresa BARAFUNDA S.L. Produción de espectáculos: “Pepiña maruxiña quere voar”; “Antón e o Apalpador”; “Preséntame un pallaso”; “Bambolina”; “Globotolo”; “Censor de Monstros”; “Concerto en clave de Clown”, “Quen dixo medo”; “Maxia Branca”; “Cantacontos: Ollo Piollo”…
LUIS VÁZQUEZ
ALEJANDRO MEJUTO: Actor especializado en comedia do arte e doblaxe audiovisual. Estudos na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia na especialidade de Interpretación Textual.
NEREA RODRÍGUEZ: Actriz formada nos obradoiros da Sala Ártika e integrante da agrupación Desfeita Teatro. Estudos na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia.
ALBA NOGUEIRA: Actriz que compaxina a produción audiovisual ca musical. Actualmente traballando na obra musical A Riso. Estudos na Escola Superior de Arte Dramático de Galicia na especialidade de Interpretación Textual e máster en Dirección e Xestión en Industrias Culturais e Creativas.
NOEMI RODRÍGUEZ como Antón
NEREA RODRÍGUEZ como Carmiña
JAVIER VIDAL como Edoardo o Biosbardo
INÉS SALVADO GONTAD como a Coca
NOEMI BLANCO como Maruxaina
SIMON PÉREZ e NEREA RODRÍGUEZ interpretan “Non importa” (tema principal)